Oferta de emprego para persoal técnico en Cidadanaía Global

Convoca Fundación Entreculturas Lugar Compostela Fin de prazo 22/09/2019

A Fundación Entreculturas ven de abrir unha oferta de emprego para persoal técnico en Educación para a Cidadanía Global na súa sede de Compostela. A área de Cidadanía Global ten o obxectivo de promover a educación para a cidadanía global en contextos de educación regrados e non regrados; así como procesos de incidencia política e de mobilización cidadá para promover cambios nas políticas públicas en materia de cooperación internacional y desenvolvemento, dereito á educación, a mobilidade humana, e refuxio, entre outras, así coma en relación con calquera outra temática vinculada coa misión de Entreculturas.

Neste enlace>>> atoparedes o perfil requerido e as condicións laborais.

O prazo para presentar as candidaturas remata o 22 de setembro.