Expatriado/a en Palestina da Asociación Paz con Dignidad (PcD)

Convoca Asociación Paz con Dignidad Lugar Palestina Fin de prazo 31/05/2022

Vacante “Expatriado/a en Palestina da Asociación Paz con Dignidad (PcD)”

Descarga aquí a oferta.

Obxectivo do posto:

Xestionar os proxectos de PcD en Palestina en coordinación coas socias locais e a sede de PcD (xestión técnica e financieira); representar a PcD ante institucións, organización e redes locais; participar nos escenarios locais de defensa de DDHH e articulación de organización; realizar accións de comunicación e incidencia.

Funcións:

  • Formulación, seguemento, xustificación  técnica e económica e evaluación de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e axuda humanitaria, velando pola sostibilidade das intervención e o cumprimento de obxectivos.
  • Actualización de contidos nas RRSS de Paz con Dignidad.
  • Incidencia ante organismos.
  • Interlocución permanente con institucións palestinas, israelíes e españolas.
  • Interlocución directa coas contrapartes en Cisjordania, Jerusalén Este e Franja de Gaza.
  • Paricipación en redes de ONGD presentes en terreo.
  • Organización e acompañamento a Misións internacionais de viaxen a Palestina, ou de visitas de delegacións palestinas no Estado español.
  • Realización de función administrativas e de xestión.

Requisitos necesarios:

Formación e competencias
  • Titulación: licenciatura/graduado.
  • Formación complementaria en xestión de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e axuda humanitaria.
  • Coñecementos suficientes da situación social e política en Oriente Medio e particularmente en Palestina.
  • Nivel avanzado de inglés oral he escrito: C1 ou equivalente. O inglés será a principal lingua de traballo (farase proba de nivel).
  • Formación en temáticas relacionadas coa defensa dos DDHH.
  • Capacidade expositiva, oral e escrita.
  • Dominio do paquete Office (nivel alto en Word e Excel).
  • Manexo óptimo de ferramentas de comunicación e RRSS.
Experiencia imprescindible
  • Experiencia contrastada en formulación, seguemento e xustificación de proxectos de cooperación ao desenvolvemento e/ou axuda humanitaria (tres anos como mínmo).
  • Experiencia contrastada de traballo en terreo (mínimo 2 anos), preferentemente en Oriente Medio.
  • Valoraranse referencias e/ou cartas de recomendación de 2 experiencias previas relacionadas co posto.
Outros aspectos a ter en conta
  • Experiencia de traballo en contextos de conflito e/ou noutros países do mundo árabe.
  • Experiencia eninvestigación, comunicación, incidencia, documentación.
  • Participación en movementos sociais e de defensa dos DDHH.
  • Coñecementos de árabe.
Outras aptitudes
  • Acordo cos obxectivos e valores xerais que caracterizan a Paz con Dignidad.
  • Capacidade de iniciativa e autonomía.
  • Capacidade resolutiva, de planificación e organización.
  • Capacidade de traballar baixo presión e con prazos.
  • Capacidade de comunicación e interlocución con diferentes actores.
Nacionalidade

Cidadán/á da Unió Europea

Condicións laboráis

  • Xornada laboral a tempo completo (35 horas semanais)
  • Contrato dun ano prorrogable (con 3 meses de proba)
  • Salario según  baremo da organización.
  • Ubicación do posto: Ramallah (Palestina)
  • Incorporación en xuño de 2022.

Procedemento de selección

As persoas interesadas, deberán enviar o seu CV indicando a referencia “Personal Expatriado Palestina” ao correo electrónico: seleccion@pazcondignidad.org.

A data límite para recibir CV é o martes 31 de maio de 2022.

Realizarase entrevista, proba de idioma e proba de coñecementos técnicos.

Por favor absterse candidaturas que non cumpran co perfil.