
Convocatoria dunha praza de persoal técnico expatriado en Guatemala
Convoca Arquitectura sen Fronteiras Lugar Guatemala Fin de prazo 25/09/2023
Oferta dirixida a persoas técnicas en cooperación ao desenvolvemento para facerse cargo das tarefas de coordinación e execución dos proxectos que Arquitectura sen Fronteiras está a desevolver, xunto cos seus socios locais ASIAPRODI e PRODESSA, no Departamento de Retalhuleu, na costa sur de Guatemala.
- Clica aquí para saber máis (descrición do traballo, condicións, requisitos,…)
Importante:
Realizarase unha reunión informativa o mércores 20 de setembro ás 16:00 horas de España na sede da ASF na Coruña (ETSAC, Campus da Zapateira) con opción de conexión telemática, na que se explicará con máis detalle a praza ofertada e se resolverán dúbidas. Para asistir é necesario inscribirse previamente a través deste formulario.