Galicia é unha das comunidades autónomas menos compremetidas coa cooperación

En 2019 o goberno galego dedicou 2,5 € por habitante á solidariedade internacional, moi por debaixo da media de 5,4 €

O orzamento que a Xunta de Galicia destinou á cooperación ao desenvolvemento en 2019 está por debaixo da media dos gobernos das distintas Comunidades Autónomas (CCAA). Ese ano o executivo galego destinou o 0,05% dos fondos á solidariedade internacional, unha porcentaxe moito menor que a media dos 17 gobernos autonómicos situada no 0,11%.

Así o confirma o Informe sobre Ayuda Oficial ao Desarrollo autonómica da Red de Coordinadoras Autonómicas de ONGD, da cal a Coordinadora Galega de ONGD fai parte. Ese mesmo ano, a Xunta dedicou 2,4 € por habitante á loita contra a pobreza e as desigualdades globais, unha cifra afastada da media das comunidades autónomas situada en 5,4 € per cápita.

O informe foi presentado a responsables políticos e técnicos das áreas de cooperación dos gobernos das 17 CCAA o pasado 18 de marzo. Neste enlace>>> podedes ver o vídeo da presentación.

Comparativa co resto de Comunidades Autónomas

O informe pon de manifesto que o compromiso dos distintos gobernos autonómicos coa cooperación internacional é diverso. Pero tamén que hai unha distancia considerable co compromiso histórico de destinar o 0,7% dos orzamentos á solidariedade internacional no actual contexto de pandemia e aumento das desigualdades globais.

En 2019, en termos de esforzo orzamentario, Galicia situouse co 0,05% por diante de Canarias (0,006%), Madrid e Murcia (0,01%) e as dúas Castillas (0,03%). E quedou moi lonxe doutras comunidades autónomas como Euskadi, Extremadura e Navarra que superaron o 0,2%. Territorios como Andalucía, La Rioja, Asturias, Catalunya, País Valencià e as Illes Balears destinaron entre un 0,2% e un 0,1% a cooperación en 2019.

O 0’05% de Galicia traduciuse en 6,6 millóns de euros e na posicion 11 de 17 entre as CCAA máis solidarias.

Malia estar lonxe do 0,7%,  os orzamentos de cooperación autonómica amosan que, salvo nalgunhas excepcións, se mantén unha tendencia de recuperación, aínda que tímida, iniciada en 2015. Unha proxección que se sostivo nos orzamentos de 2020, ao menos con datos pre-COVID.

  • Por encima del 0,20%: Euskadi, Extremadura e Navarra.
  • Entre 0,10% e 0,19%: Andalucía, La Rioja, Asturias, Catalunya, País Valencià e Illes Balears.
  • Por debaixo de 0,09%: Cantabria, Aragón, Galicia, Castilla y León, Castilla- La Mancha, Comunidad de Madrid, Murcia e Canarias.

Na páxina 25 do informe>>> atoparedes os datos de forma detallada.

Cantos euros por habitante?

A comparativa entre territorios tamén pode facerse en función dos cartos que se destinaron á cooperación por cada habitante. Como amosa o seguinte gráfico, a comunidade cun maior esforzo en términos absolutos foi Euskadi, fronte a Murcia e Canarias, situadas no polo oposto.

Nesta clasificación, en 2019 Galicia investiu menos de 3 euros por habitante á loita contra a pobreza e ás desigualdades globais. A media das CCAA foi de 5,3 euros.

Na páxina 29 do informe>>> atoparedes os datos de forma detallada.

Mellor dato histórico de cada territorio

A data na que se sitúa o mellor dato histórico de Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) autonómica nas diferentes comunidades distribúense entre 2008 e 2010, aalvo no caso de Euskadi, que o sitúa en 2012. Isto responde aos recortes que plicaron os gobernos a partir da crise económica e financeira que estalou no Estado español en 2008.

En Galicia, o mellor dato histórico foi en 2010. A Xunta de Galicia aprobou un orzamento de 10,7 millóns de euros para cooperación ao desenvolvemento o que representaba o 0,1% do total. Hoxe, en 2021, esa cifra é de 7,4 millóns, o 0,06% do orzamento.

Considerando as cifras de AOD executadas en 2018 e 2019, pódese afirmar que ambas se atopan moi lonxe dos datos previos aos recortes na gran maioría de territorios porque a política pública de cooperación non se recuperou ao ritmo que o fixo a economía.

  • CCAA nas que apenas se recuperou a AOD desde que se iniciaron os recortes: Canarias, Castilla La Mancha, Madrid e Murcia. Nestas 4 comunidades o orzamento executado en 2019 supón entre o 5 e o 10% do importe rexistrado como mellor dato histórico.
  • CCAA nas que a AOD executada en 2019 supón entre o 30 e o 50% do seu mellor dato. É o grupo máis numeroso, nel atópanse 9 comunidades.
  • CCAA nas que a AOD executada en 2019 supón pouco máis do 50% do mellor dato rexistrado. Neste grupo atópase Galicia (54%) e Catalunya (53%).
  • Só dúas comunidades recuperaron máis do 75% do volume de AOD desde o seu mellor dato histórico previo aos recortes: Euskadi e Extremadura.

Na páxina 27 do informe>>> atoparedes os datos de forma detallada.

Execución de orzamentos

Durante anos, a Red de Coordinadoras Autonómicas de ONGD denunciou a pouca capacidade de execución e de xestión da maioría dos gobernos autonómicos. En 2019, houbo un aumento de CCAA que executan o total do seu orzamento compremetido para cooperación , aínda que a media roza o 90%.

O caso de Galicia é destacable porque a execución superou ese ano o 100% xa destinaron partidas adicionais non previstas nos orzamentos aprobados.

Na páxina 26 do informe>>> atoparedes os datos de forma detallada.

Para máis información>>>