Galicia Abriga abre a convocatoria para a presentación de candidaturas para o acollemento temporal de mulleres defensoras de dereitos

A solicitude deberá ser presentada por organizacións inscritas no rexistro galego de ONGDS que teñan algún vínculo coa organización á que pertence a muller defensora.

Fonte: IPPDH

O programa Galicia Abriga vén de publicar as bases para a acollida temporal de mulleres de organizacións e movementos sociais de países nos que ten presenza a Cooperación Galega. Trátase de mulleres que precisan saír temporalmente do contexto de risco físico e psicolóxico no que se atopan a causa da persecución que sofren pola súa labor.

Este programa, pioneiro en Galicia e no que están involucradas numerosas organizacións da cooperación galega xunto con outras entidades, ofrece unha estadía de tres meses para tres mulleres nesta situación.

Convocatoria aberta ata o 29 de febreiro

A convocatoria para a recepción de candidaturas está aberta ata o vindeiro 29 de febreiro.

Serán as organizacións inscritas no rexistro galego de ONGD, e que teñan vínculos coa organización á que pertence a activista, as que presenten a correspodente proposta de acollemento.

As bases e toda a documentación necesaria para presentar a solicitude están dispoñibles na web de Galicia Abriga, onde ademais está centralizada toda a información e as novidades do programa.

Que ofrecemos?

Profesional da cooperación


Se es profesional da cooperación ofrecémosche:

Entidade


Se es unha ONGD ofrecémosche:

Persoa particular


Se es unha persoa individual ofrecémosche: