XXXVI Semana Galega de Filosofía: filosofía e fronteira

Organiza Aula Castelao de Filosofía Data inicio 22/04/2019 - Data fin 26/04/2019 Límite inscrición 21/04/2019 Prezo de balde

A Aula Castelao de Filosofía organiza a XXXVI Semana Galega de Filosofía que terá lugar en Pontevedra do 22 ao 26 de abril baixo a epígrafe Filosofía e Fronteira. Durante 5 días, reflexionarase e debaterase arredor do sistema de fronteiras, os muros, a colonización e os procesos migratorios coa participación, entre outras, de Boaventura de Sousa Santos, profesor catedrático de Socioloxía na Universidade de Coímbra, e Saskia Sassen, profesora da Universidade de Columbia e socióloga experta na análise dos fenómenos de globalización e de migración urbana. O programa contará tamén con moitas outras persoas vinculadas as áreas da socioloxía, a historia e a antropoloxía.

Neste enlace>>> atoparedes o programa completo.

As xornadas celebraranse no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). Asistencia é aberta e de balde. E, como en anos anteriores, a asistencia poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas) e como 30 horas de formación. Para iso será precisa a inscrición>>> antes do 21 de abril ás 13 horas.