Xornadas “Acción Exterior e Imaxe global de cidades”

Organiza Concello da Coruña Data inicio 21/03/2019 - Data fin 21/03/2019 Modalidade Presencial Prezo de balde Ver programa

A natureza dos municipios e do goberno local mudou de maneira moi significativa nos últimos trinta anos, tanto a nivel galego coma global.  Este novo escenario configura as cidades actuais coma figuras concretas no marco histórico da globalización e a explosión das Tics (tecnoloxías da información e a comunicación), situándoas coma centros de poder político, económico, cultural e simbólico.

O próximo 21 de marxo o Concello da Coruña organiza as xornadas “Acción Exterior e Imaxe global de cidades” achegaranse a este fenómeno, partindo do estado da cuestión en Galicia, no contexto aberto pola Estratexia Galega de Acción Exterior, impulsada pola Xunta de Galicia e o estudo elaborado polo IGADI para o Concello da Coruña, -Bases de Acción Exterior da cidade da Coruña. Ademais contarase cun panel central de Andoni Aldekoa, referente internacional do concepto de cidades globais, axentes da sociedade civil da Coruña relevantes na súa internacionalización e a experiencia das cidades de Bilbao, Xixón e Barcelona.

Para máis información>>>>