
Xornada ‘Rumbo a la localización: desafíos y lecciones aprendidas’
Desde a Coordinadora de ONGD – España organizan unha xornada de intercambio de experiencias no marco da localización en acción humanitaria que se celebrará o vindeiro mércores 9 de marzo de maneira virtual en horario de 15.00 a 16.30 horas.
O evento contará con panelistas que compartirán análises sobre os avances e desafíos na
implementación da axenda de localización, tanto desde o nivel local como o nacional e global.
Tamén se presentarán os principais resultados dun informe publicado por Oxfam en Burkina Faso no que se examinan, ademais das boas prácticas, as causas e desafíos que axudan a explicar a exclusión dos axentes locais; o informe tamén propón formas de desenvolver unha
resposta liderada por axentes locais que sexa máis apropiada aos seus dereitos e necesidades, máis rápida, sostible e relevante.
Neste enlace>>> atoparedes o programa completo. Neste outro enlace>>> podedes facer efectiva a inscrición.