X Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional

Organiza AGARESO Data inicio 04/03/2020 - Data fin 13/05/2020 Límite inscrición 03/03/2020 Modalidade Presencial Prezo 100 € Ver programa

O X Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional impulsado polas ONG AGARESO (Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social) e ACPP (Asemblea de Cooperación Pola Paz) xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, trata de mostrar as distintas estratexias, perspectivas e axentes que operan no ámbito da comunicación social e a cooperación internacional.

O Seminario está dirixido a traballadores e traballadoras do sector da ONGD e do mundo do voluntariado ou do sector asociativo, profesionais dos medios de comunicación e estudantes de xornalismo ou comunicación audiovisual. O obxectivo é visibilizar a importancia da comunicación como ferramenta para o cambio social, xa sexa a través do sector da ONG e dos Medios de Comunicación coas súas distintas ferramentas (radio comunitaria, documental, fotografía, etc.).

Durante as dez sesións que abarca o Seminario trataranse temáticas transversais como o enfoque de xénero, o discurso do odio, o xornalismo e os dereitos humanos, a cooperación internacional, experiencias de ONG’s en terreo, teatro da oprimida, o terceiro sector en Galicia, audiovisual comprometido, a fotografía social e a radio comunitaria, etc. Ademais, de maneira gratuíta, dúas das persoas participantes no Seminario poderán realizar unhas prácticas en terreo durante unha semana para completar a súa formación.

O seminario desenvolverase do 4 de marzo ao 13 de maio, todos os mércores, de 16 a 20 horas, na Fcaultade de Ciencias da Comunicación da USC.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información sobre o curso e o contacto para facer efectiva a inscrición.