Voluntariado de cooperación para o desenvolvemento ciudadanía global

Organiza CONGDE Data inicio 01/03/2022 - Data fin 31/03/2022 Límite inscrición 21/02/2022 Modalidade online Prezo 55 / 75 € Ver programa

A Coordinadora de ONGD – España organiza esta formación online do 1 ao 31 de marzo.

O denominador común da misión e obxectivos da maioría das organizacións de desenvolvemento vira ao redor da idea de transformación da realidade. Isto pasa por conseguir unha cidadanía activa e comprometida cos cambios que son necesarios abordar para conseguir un mundo máis xusto, inclusivo e sostible.

A este respecto, o voluntariado representa un espazo natural de promoción de cidadanía activa. Por unha banda contribúe á consecución dos obxectivos institucionais de cambio; doutra banda, achega diversidade de perspectivas e espírito crítico xerando cambios nas propias persoas voluntarias e favorecendo o seu empoderamento.

OBXECTIVOS

» Ofrecer unha visión inicial sobre a cooperación Internacional, os seus diferentes sectores e as organizacións que traballan neste ámbito.
» Mostrar o papel que pode desempeñar a cidadanía, e especialmente as persoas voluntarias, na loita contra a
pobreza e a consecución dun cambio social para conseguir un mundo máis xusto.
» Coñecer as tipoloxías e características do voluntariado en ONGD.
» Identificar elementos e principios que contribúen á construción dunha cidadanía global activa.

A QUEN SE DIRIXE. Orientado, principalmente, a persoas voluntarias de ONG de desenvolvemento, pero tamén ao público en xeral interesado en coñecer o traballo destas organizacións e obter unha formación básica e un primeiro achegamento á cooperación internacional e ao voluntariado.

Máis información>>>