VIII Congreso Universidade e Cooperación ao Desenvolvemento

Organiza Observatorio da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento Data inicio 27/11/2019 - Data fin 29/11/2019 Límite inscrición 20/11/2019 Modalidade Presencial Prezo 60- 150 euros Ver programa

Entre os días 27 e 29 de novembro de 2019 celébrase en Compostela o VIII Congreso Universidade e Cooperación ao Desenvolvemento, punto de encontro bienal do traballo das universidades en materia de cooperación internacional. Esta edición está centrada na xeración de coñecemento e compromiso social ante os retos globais.

O Congreso está promovido polo Observatorio da Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (OCUD) e conta coa participación da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) composta polas tres universidades públicas galegas: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información respecto á presentación de publicacións, inscricións e programa.

As datas a ter en conta para o Congreso son as seguintes:

Para as publicacións
10 de setembro de 2019. Fin prazo de envío de propostas
10 de outubro de 2019. Publicación da avaliación de propostas
1 de novembro de 2019. Fin prazo recepción de traballos definitivos

Para a matrícula
Podedes matricularvos aquí>>>>
Do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2019. Matrícula reducida
Do 1 de outubro ao 20 de novembro de 2019. Matrícula ordinaria