V Congreso de Educación para a Transformación Social

Organiza Instituto Hegoa Data inicio 18/11/2021 - Data fin 20/11/2021 Límite inscrición 18/07/2021 Modalidade Presencial Prezo 45€ - 85 € Ver programa

O V Congreso de Educación para a Transformación Social organizado polo Instituto Hegoa do País Vasco terá lugar do 18 ao 20 de novembro en Vitoria-Gasteiz.

O V Congreso será un espazo de articulación de pensamentos e loita contra a hexemonía en todos os campos de socialización. Nel convócanse a persoas, movementos e axencias transformadoras a participar na reflexión, no intercambio de saberes e experiencias.

O proceso de construción colectiva do V Congreso fíxose en base aos saberes e experiencias dos axentes vinculados á solidariedade e cooperación internacional, colectivos e movementos sociais que teñen interese e acción no ámbito da educación transformadora.

En total, desenvolvéronse catro encontros territoriais, un deles en Galicia, que viraron ao redor de catro temáticas concretas.

Neste enlace>>> atoparedes o programa.

As inscricións estarán abertas a partir do 14 de xuño. E o chamado para comunicaciones permanecerá aberto ata o 25 de xuño.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información.