Diplomado ‘Transformación positiva de conflitos a través do xogo e a arte’

Organiza Otra Escuela Data inicio 08/10/2021 - Data fin 03/04/2022 Límite inscrición 01/10/2021 Modalidade Semipresencial Prezo 702 -780 euros Ver programa

“Transformación positiva de conflitos a través do xogo e a arte” é unha formación que ofrece ferramentas conceptuais, pedagóxicas e lúdico – artísticas para o fortalecemento e o coidado de grupos e equipos, o acompañamento psicosocial, a intervención social, a innovación pedagóxica e a transformación positiva de conflitos no ámbito laboral, social e persoal.

Tras seis exitosas edicións en Bogotá (Colombia), catro na cidade de Madrid, e unha edición en Galicia, Otra Escuela anuncia a súa 2ª edición galega, que terá lugar entre outubro de 2021 e Abril de 2022.

Será un curso de 160 horas de traballo presencial e a distancia que recolle e unifica, nunha mesma formación, gran parte dos contidos desenvolvidos e traballados no contexto colombiano nos últimos anos, axuntados coas aprendizaxes e realidades deste lado do charco.

Propoñen xerar un espazo que combine as vivencias persoais, a reflexión individual e colectiva, xunto coa teoría e a análise do contexto actual para que, a partir de aí, se nutran pensamentos, habilidades, accións e actitudes de persoas e equipos, achegar ao traballo da intervención social, a docencia e o activismo, brindando ferramentas para a realización de obradoiros ou clases e o traballo grupal / comunitario.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información.