Teorías feministas, dereitos das humanas e teorías críticas sobre o desenvolvemento: bases para unha cooperación feminista

Organiza Espacio de formación Ágora Data inicio 23/10/2019 - Data fin 23/02/2019 Límite inscrición 21/10/2019 Modalidade online Prezo 120 - 160 euros Ver programa

O Centro de Estudios Ágora abre unha nova edición do curso online ‘Teorías feministas, dereitos das humanas e teorías críticas sobre o desenvolvemento: bases para unha cooperación feminista’ de 120 horas.

O curso ten catro obxectivos:

  • Achegar ás e os participantes ás principais nocións e categorías políticas do pensamento feminista e as súas implicacións no pensamento sobre “o desenvolvemento” dos pobos e nas relacións internacionais.
  • Aproximar ás e os participantes ao corpus xurídico internacional que amplía e profunda os dereitos das mulleres e das nenas.
  • Presentar as diversas posturas das teorías sobre o desenvolvemento, desde as máis clásicas ata as máis críticas, centrando a análise nas correntes máis recentes.
  • Propoñer algunhas recomendacións para incorporar a perspectiva feminista na cooperación internacional.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información.