Teatro da oprimida para coidar(nos)

Organiza InteRed Galicia Data inicio 15/12/2018 - Data fin 15/12/2018 Límite inscrición 11/12/2018 Modalidade Presencial Prezo de balde (con fianza) Ver programa

A ONGD InteRed Galicia organiza o vindeiro 15 de decembro unha formación sobre Teatro da Oprimida dirixido a persoas do ámbito educativo ou que estean interesadas.

O curso estará dinamizado polo grupo de Teatro da Oprimida 100Tolas e terá lugar no local da Asociación Veciñal A Xuntanza, en Compostela.

A inscrición poderá levarse a cabo ata o 11 de decembro. O curso é de balde pero se solicita unha fianza de 20 euros que será devolta ao finalizar a formación. Neste enlace>>> atoparedes o programa e toda a información.