
Seminario Internacional sobre trata de niñas y niños con fines de explotación sexual
FAPMI-ECPAT España leva colaborando dende 2020, como socio local en España, no proxecto PROTEJERES-Tejiendo Redes Seguras, unha iniciativa liderada por EDUCO e financiada pola AECID que pretende a abordaxe integral da trata e a violencia sexual contra a infancia e a adolescencia.
Neste contexto, este Seminario configúrase coma un espazo de encontro entre tódalas persoas involucradas na prevención e detección da trata de nenas, nenos e adolescentes con fines de explotación sexual dende unha doble perspectiva: o compromiso na súa erradicación e a implementación de dito compromiso a través de iniciativas de éxito contrastadas, principalmente resultantes da implementación do Programa PROTEJERES-Tejiendo Redes Seguras en Bolivia, e en base ás aportacións científicas na investigación sobre esta problemática.