XI Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional

Organiza AGARESO e ACPP Data inicio 03/03/2021 - Data fin 12/05/2021 Límite inscrición 21/02/2021 Modalidade Presencial e online Prezo 100 € - 80 €

A Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) e Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) abren a inscrición para o XI Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional. A formación terá este ano modalidade presencial ou online e constará de dez xornadas de debates, charlas e aprendizaxes sobre as posibilidades da comunicación como ferramenta para o cambio social.

Traballaranse temas como os feminismos, os discursos do odio, os Dereitos Humanos… e ferramentas como o documental, a fotografía social, a radio comunitaria ou o teatro da oprimida.

Todos os mércores a partir do 3 de marzo na facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela ou dende a casa a través de streaming.

O prazo de inscrición remata o 21 de febreiro. Para máis información>>>