XII Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional

Organiza AGARESO Data inicio 02/03/2022 - Data fin 11/05/2022 Límite inscrición 20/02/2022 Modalidade Presencial e online Prezo 100 / 120 €

AGARESO e Asemblea de Cooperación pola Paz abren o prazo de inscrición do XII Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional en modalidade presencial e online.

Nesta edición serán dez xornadas de debates, charlas e aprendizaxes sobre as posibilidades da comunicación como ferramenta para o cambio social e unha viaxe de prácticas a Senegal para 2 das persoas participantes.  Todos os mércores, dende o 2 de marzo ao 11 de maio, de 16h a 20h, na facultade de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela ou a través de streaming.

Traballaranse temas transversais como feminismo, identidades LGTBIQ+, migracións, afrodescendencia, cambio climático, Cooperación Internacional e Dereitos Humanos e abordaranse ferramentas como vídeo participativo e o cinema documental, o fotoperiodismo ou a radio comunitaria.

Inscricións en escolasenracismo@agareso.org