Retos da coeducación: repensar as identidades hexemónicas a través dos coidados

Organiza InteRed Galicia Data inicio 07/09/2019 - Data fin 07/09/2019 Límite inscrición 02/09/2019 Modalidade Presencial Prezo de balde (con fianza) Ver programa

A ONGD InteRed Galicia organiza o 7 de setembro a formación “Retos da coeducación; reprensar as identidades hexemónicas a través dos coidados” de 8 horas de duración.

A formación está destinada a persoal educador e público interesado, en xeral. O obxectivo principal é revisar os modelos patriarcais e os roles tradicionais así como sensibilizar sobre a necesidade de corresponsabilizarnos nos coidados. Contará cunha metodoloxía participativa e horizontal, partindo das propias vivencias.

Neste enlace>>> atoparedes o programa. Neste outro enlace>>> o formulario de inscrición.

A formación é de balde (cunha fianza de 20 euros que será retornada o mesmo día do curso).