Protégete y defiende frente al odio

Data inicio 31/05/2022 - Data fin 17/06/2022 Límite inscrición 24/05/2022 Modalidade Online Prezo de balde Ver programa

“Protégete y defiende frente al odio” é o novo curso gratuíto de Ecos do Sur, que se levará a cabo a través de Whatsapp e Telegram. Nel, aprenderás a actuar antes as mensaxes de odio e as situacións discriminatorias que se producen na rúa e nas redes.

O curso desenvolverase do 31 de maio ao 17 de xuño, a través de mensaxes de texto que recibirás diariamente no teu smartphone, sen necesidade de conectarte por videoconferencia nin de vir presencialmente.

Ao finalizalo, recibirás un certificado que recoñecerá a túa participación.

Apúntate ata o 24 de maio neste formulario.

Aprenderás:

  • Que é o discurso de odio e como recoñecelo.

  • Discriminación e delitos de odio en internet e como identificalos.

  • Que é a desinformación e como detectala.

  • Que podo facer se son vítima ou testemuña dun delito de odio.

  • Estratexias para actuar ante o odio nas redes sociais.

  • Ferramentas para desmontar bulos.

  • Contranarrativas e novas narrativas fronte o odio en Internet.