Obradoiros Transformando II “Espazos emocionais… emocións espaciais”

Organiza Arquitectura sen Fronteiras Data inicio 16/11/2019 - Data fin 30/11/2019 Límite inscrición 15/11/2019 Modalidade Presencial Prezo 15 € cada obradoiro Ver programa

Arquitectura sen Fronteiras organiza os obradoiros Transformando II “Espazos emocionais… emocións espaciais” que terá lugar na Coruña, no Centro Ágora, os días 16 e 30 de novembro de 2019.

Transformando II ten como obxectivo facilitar un espazo de formación transdisciplinar que convida a explorar os vínculos entre o deseño e transformación de espazos educativos, a creatividade e a pedagoxía, os coidados das persoas e do entorno e a coeducación emocional e os seu vínculo co entorno social e físico.

Contará con dous obradoiros:

  • 16 de novembro. Deseño de espazo educativos, aprendizaxe e creatividade
  • 30 de novembro. Bases e ferramentas para a coeducación emocional de adolescentes nos espazos educativos

Neste enlace>>> atoparedes o programa completo e o formato de inscrición.