Do 16 de abril ao 31 de maio a ONGD AGARESO organiza unha formación virtual gratuíta dirixida a profesorado, de 20 horas homologables, en narrativas dixitais para traballar nas aulas a educación para o cambio social, dentro do seu proxecto #EpDLab.
Nesta formación, exploraranse as narrativas contemporáneas e o seu potencial para fomentar a reflexión colectiva en entornos educativos.
Daranse a coñecer estratexias e boas prácticas para introducir apps, multimedia e redes sociais nas aulas e aproveitarase para traballar co alumnado a xustiza social, a inclusión, a sustentabilidade, a convivencia e o desenvolvemento.
É unha proposta práctica e, ao ser virtual, as persoas inscritas poderán marcar o ritmo de aprendizaxe.
Neste enlace>>> atoparedes toda a información.