Narrativas dixitais para traballar nas aulas a educación en valores

Organiza AGARESO Data inicio 29/02/2020 - Data fin 29/02/2020 Límite inscrición 24/02/2020 Modalidade Presencial Prezo de balde

Dende a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) organizan unha formación práctica gratuíta, de 8 horas homologables, en Narrativas dixitais para traballar nas aulas a educación en valores. Exploraranse narrativas contemporáneas para descubrir o seu potencial comunicativo, así como para fomentar a reflexión colectiva en entornos educativos. Daranse a coñecer estratexias e boas prácticas para introducir apps, multimedia e redes sociais no traballo con contidos ao redor da xustiza social, a inclusión, a sustentabilidade, a convivencia e o desenvolvemento.

Será o sábado 29 de febreiro de 2019, en horario de 10h a 14h e de 16h a 20h, na Escola Unitaria de Santiago de Compostela.

Só hai 25 prazas e teñen prioridade as e os docentes dos centros que participan no proxecto EpDLab, aínda que está aberto a todos os corpos e especialidades. Se che interesa, preinscríbete xa neste sinxelo formulario>>>