Metodoloxías creativas para a emancipación: virtualidade e pandemia

Organiza Otra Escuela Data inicio 07/10/2020 - Data fin 28/10/2020 Modalidade online Prezo 60 € Ver programa

Otra Escuela organiza do 7 ao 21 de outubro unha formación online sobre metodoloxías creativas para a emancipación de 11 horas de duración.

Nestes tempos onde tivemos que mudarnos á virtualidade xurdiron preguntas sobre sé é posible seguir tendo procesos significativos de aprendizaxe; ou que tipo de pedagoxías e metodoloxías poden adaptarse ás pantallas sen perder a proximidade e a participación grupal.

Otra Escola sedes Colombia-España lanzan xuntas un Laboratorio virtual onde explorar estas e outras preguntas a través da nosa metodoloxía socio-afectiva e vivencial. O Laboratorio será un espazo formativo no que compartir ferramentas, recursos e reflexións desde experiencias vivenciais para facilitar espazos formativos e de acompañamento na virtualidade.

A través da metodoloxía socio-afectiva aplicada á virtualidade, onde combinaremos as vivencias persoais, a reflexión individual e colectiva, xunto cun encadre teórico e a análise do contexto actual, en concreto os procesos de ensino, aprendizaxe e facilitación en espazos virtuais.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información.