Curso ‘Método biointensivo para o cultivo de alimentos’

Organiza Amigos da Terra Data inicio 30/05/2019 - Data fin 02/06/2019 Límite inscrición 13/05/2019 Modalidade Presencial Prezo 20€ con aloxamento e pensión completa

Amigos da Terra e a Asociación Raíña Paraíso organizan o II curso do método biointensivo para o cultivo de alimentos. Unha formación teórico-práctico de 30h de duración, onde se ensinarán os principios deste método de agricultura ecolóxica a pequena escala, enfocado ao autoconsumo e a mini-comercialización, desenvolto coa fin de cultivar os alimentos necesarios para unha dieta completa e nutritiva no espazo máis reducido posible, sen dependencia de ningún tipo de insumo externo. Será do 30 de maio ao 2 de xuño en Vilasantar.

Esta formación é unha oportunidade única de coñecer un método empregado por persoas labregas en máis de 140 países e que, no Estado españo, só conta con dous mestres certificados, un deles galego. Así, o curso será impartido por Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro agrónomo e colaborador de Amigos da Terra, quen se formou no método e comprobou os resultados desta variante da agroecoloxía durante a súa estadía de máis de 10 anos en Nicaragua. Durante estes anos, Amigos de la Tierra, en colaboración con ONGs nicaraguanas, foi a impulsora deste método no país a través dos seus proxectos de cooperación, que lograron a mellora da dieta e a xeración de ingresos familiares para centos de familias vulnerables do rural do país.

As prazas son limitadas e as inscricións poderán facerse efecivas ata o 13 de maio no correo cooperacion@amigosdaterra.net