X edición do mestrado virtual “Igualdad y Equidad en el Desarrollo”

Organiza Cooperacció Data inicio 02/11/2021 - Data fin 16/12/2022 Límite inscrición 29/10/2021 Modalidade online Prezo 3.500 € Ver programa

A X edición do mestrado virtual “Igualdad y Equidad en el Desarrollo” que organiza Cooperacció conta cun programa e profesorado que facilita unha crítica feminista ao concepto de desenvolvemento.

Desenvolveranse os contidos teóricos no ano académico 2021/2022 e o traballo fin de máster, ata decembro de 2022, para reflexionar a teoría a partir da práctica.

Os obxectivos do mestrado son:

  • Coñecer e analizar as causas das desigualdades de xénero no marco da cooperación ao desenvolvemento.
  • Coñecer as referencias históricas e filosóficas das teorías sobre desenvolvemento, promovendo a creación de capacidades para facer unha análise crítico sobre as mesmas.
  • Aprender os instrumentos normativos, técnicos e políticos internacionais máis innovadores con perspectiva de xénero.
  • Desenvolver ferramentas e habilidades persoais, colectivas, técnicas e políticas para o traballo de cooperación desde unha mirada feminista.

Está dirixido á capacitación profesional en temas de xénero e desenvolvemento para persoal de organizacións do movemento feminista e de mulleres do Estado Español e Latinoamérica, organismos oficiais, organizacións non gobernamentais (ONGD), empresas privadas, sindicatos, fundacións, etc, vinculadas de diferentes formas ao mundo do desenvolvemento e/ou á cooperación internacional, que ocupan diferentes postos nas súas organizacións.

Para facelo posible contan cun profesorado diverso e multidisciplinar de persoas expertas en cada un dos temas do programa: Amaia Pérez Orozco, Beatriz Ranea Triviño, Camila Esguerra Peirao, Clara Murguialday Martínez, Estrela Ramil Paz, María Teresa Blandón Gadea, Morena Herrera Argueta, Norma Vázquez García, Rosa Ortiz Monero, Roxana Volio Monge, Teresa Maldonado Barahona.

Neste enlace>>> atoparedes máis información.