I Máster en regulación de conflitos e xestión de grupos

Organiza Universidad de Extremadura e Colectivo CALA Data inicio 15/10/2019 - Data fin 01/12/2020 Límite inscrición 15/09/2019 Modalidade Semipresencial Prezo 2.200 euros Ver programa

A Universidad de Extremadura en colaboración co Colectivo CALA organizan o I Máster en regulación de conflitos e xestión de grupos.

A metodoloxía do mestrado estrutúrase se en 600 horas, con dous fines de semana intensivos presenciais e docencia virtual a través do Campus Virtual da Universidad de Extremadura.

Algúns dos obxectivos do mestrados son:

  • Analizar e ofrecer ferramentas para a xestión e dinamización de grupos, abordando a xestión de conflitos desde a comunicación non violenta.

  • Orientar cara á regulación de conflitos igualitaria, participativa e non violenta.

  • Afondar a teoría e a práctica na educación emocional para unha transformación desde o individual e o colectivo.

  • Experimentar a metodoloxía socio-afectiva e o enfoque emocional, practicala e integrala.

  • Experimentar e integrar a utilización de tecnoloxías educativas para o empoderamento e a participación.

  • Tecer redes entre as asociacións, colectivos, profesordado e profesionais da educación formal e no formal, entidades sociais ou culturais e a universidade.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información.

O prazo para inscribirse remata o 15 de setembro.