Ludopedagoxía para a intervención en espazos públicos

Organiza InteRed Galicia Data inicio 20/09/2019 - Data fin 21/09/2019 Límite inscrición 16/09/2019 Modalidade Presencial Prezo 20 euros

A ONGD InteRed Galicia organiza a formación ‘Ludopedagoxía para a intervención en espazos públicos’ destinada a persoal educador e público interesado, en xeral. Na parte teórica abordaranse as posibilidades da ludopedagoxía como ferramenta de intervención social e prepararase unha proposta de participación cidadá seguindo as premisas desta lóxica metodolóxica. Tratarase pois, de usar as ferramentas propias da ludopedagoxía para incentivar á participación e mobilización social.

Esta formación está dinamizada polo Colectivo Trespiés (Zaragoza), ligado ao Centro de Investigación y Capacitación La Mancha, de Uruguay, que se adica en exclusividade á ludopedagoxía dende 1989. Trespiés parte do xogo como ferramenta para “desaprender”, investigar, experimentar e mirar o mundo como se vise por primeria vez para reconfigurar a realidade.

Podedes inscribirvos ata o 16 de setembro neste enlace>>> O prezo son 20 euros.

Para máis información>>>