«La Dimensión Ecosocial para una Educación Transformadora»

Organiza Ministerio de Educación y Formación Profesional, Ministerio de Asuntos Exteriores y Cooperación e Agencia Española de Cooperación Data inicio 04/05/2022 - Data fin 05/05/2022 Ver programa

Seminario web «La Dimensión Ecosocial para una Educación Transformadora»

O Ministerio, en colaboración coa Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID), organiza o seminario web “La Dimensión Ecosocial para una Educación Transformadora”, que terá lugar de xeito virtual os días 4 e 5 de maio. Este evento é unha manifestación do compromiso do MEFP e da AECID cunha educación transformadora baseada no desenvolvemento sostible.

A Axenda 2030 para o Desenvolvemento sostible e os Obxectivos que nela se definen son o espazo adecuado no que basearse para dar resposta a tódolos retos e desafíos. Deben ser traballados de xeito universal por tódolos países e atenden ás persoas, o planeta e están deseñados para facer de este mundo un máis pacífico, próspero e con alianzas entre as institucións e persoas.

O alumnado debe ser consciente e estar formado para afrontar estes retos, co sentido de pertenza non só ao seu entorno máis próximo, senón tamén á comunidade global. Ademais, esta pertenza debe fundamentarse cunha mirada ética que lles permita converterse en axentes de cambio, desafiando o actual status quo; é dicir, é necesario dotar ao alumnado de ferramentas que faciliten o seu empoderamento como axente de cambio ecosocial.

Os nosos sistemas educativos estanse transformando para este fin, para que o alumnado actúe para mellorar o planeta e a vida de tódalas persoas dende unha óptica de responsabilidade de xustiza social, solidariedade e inclusión.

Este seminario web posiciónase dende a dimensión ecosocial. Esta representa un xeito de interpretar a educación en sintonía cunha realidade máis ecolóxica e colectiva, baseada na defensa dos dereitos humanos e na pertenza a sociedades máis inclusivas, xustas, solidarias, pacíficas e sostibles.

Ademais, o evento incorpora a educación transformadora, definida cos obxectivos e metodoloxías comúns dos tipos de educación descritos na Meta 4.7 dos ODS, incluída a educación para o desenvolvemento sostible e a cidadanía mundial. É unha proposta educativa competencial para contribuír ao logro dos obxectivos de desenvolvemento sostible, así como ao cumprimento do Acordo de París sobre o Cambio Climático.

Por último, o seminario web enmárcase no Programa Docentes para el Desarrollo, coordinado pola AECID e o Ministerio e que traballa para a construción dunha cidadanía comprometida coa erradicación a pobreza e a promoción do desenvolvemento humano sostible.

Descarga aquí o programa do seminario e realiza a túa inscrición.