Intervención social na cooperación ao desenvolvemento. Abordaxe desde o traballo social

Organiza Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia Data inicio 23/09/2019 - Data fin 11/11/2019 Límite inscrición 16/09/2019 Modalidade Semipresencial Prezo 80 - 160 euros Ver programa

O Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia organiza a formación semipresencial “Intervención social na cooperación ao desenvolvemento. Abordaxe desde o traballo social”. A formación terá lugar do 23 de setembro ao 11 de novembro.

Os obxectivos da formación son:

  • Empoderar a Traballadores e Traballadoras Sociais como axentes de cambio na Cooperación ao Desenvolmento, realizando un papel proactivo que enlace políticas e recursos coas realidades problemáticas.
  • Adquirir e/ou incrementar coñecementos especializados na Cooperación ao Desenvolvemento.
  • Coñecer modelos, exemplos e experiencias en axuda humanitaria, cooperación e educación para o desenvolvemento.
  • Coñecer o impacto da globalización, as institucións nacionais e internacionais que canalizan a axuda, os principais actores do sistema de Cooperación ao Desenvolvemento, así coma os problemas que poden presentarse non só na elaboración dos proxectos senón na súa implementación in situ.

Neste enlace>>> atoparedes o programa. O prazo para inscribirse remata o 16 de setembro.