II Xornadas sobre xénero, poder e participación

Organiza Amigos da Terra Data inicio 20/09/2019 - Data fin 21/09/2019 Límite inscrición 16/09/2019 Modalidade Presencial Prezo de balde

Amigos da Terra organiza os días 21 e 22 de setembro en Ourense as II Xornadas sobre xénero, poder e participación. Neste obradoiro afondarase nas realidades específicas dos grupos que habitamos e, partindo dos catro espazos nos que se estrutura calquera sistema grupal, revisarase como operan o xénero, os coidados e as relacións de poder dentro dos mesmos. O obxectivo: incorporar os feminismos como eixe transversal para mellorar a saúde dos grupos.

O obradoiro está deseñado por unha equipa interdisciplinar con traxectoria no feminismo e na dinamización e facilitación de grupos: Mar Cendón, María Rosendo e Mari Fidalgo.

As xornadas son de balde e a asociación financiará a comida do sábado. As persoas interesadas podedes inscribirvos por correo electrónico ata o 16 de setembro. Levaranse a cabe no local Scouts Ilex 695 (rúa pena Trevinca, 32 baixo).

Neste enlace>>> atoparedes máis información.