Seminario Hábitat a Escala Humana ‘Transformar a necesidad en desexo, mobilizar para a transición ecosocial na educación’

Organiza Arquitectura sen Fronteiras Data inicio 20/10/2021 - Data fin 27/10/2021 Modalidade online Prezo de balde Ver programa

Arquitectura sen Fronteiras organiza a séptima edición do Seminario Hábitat a Escala Humana baixo o título ‘Transformar a necesidad en desexo, mobilizar para a transición ecosocial na educación’.

O seminario será un espazo de reflexión para indagar sobre os paradigmas e brechas para unha vida digna e o concepto de dereito ao hábitat en tempos de pandemia e crisis ecosocial.

Levarase a cabo os mércores 20 e 27 de outubro ás 18.30 horas de forma virtual nesta ligazón>>>

Este será o programa:

20 de outubro

  • Pablo Meira de Resclima. Educar para +1,5 ºC entre a solastalxia e a esperanza
    Miguel Pardiellas e Ángela Fraga María de Feitoría Verde. Do Des-Equilibrio aos soños compartidos. Creación de narrativas de futuro sustentables

27 de outubro 

Marta Pascual de Ecologistas en acción
Miriam Leirós de Teachers for future. Educación ecosocial: educar involucrando.