Hábitat a escala humana: o dereito ao hábitat dende un enfoque de xénero e desenvolvemento sostible

Organiza Arquitectura sen Fronteiras Data inicio 02/09/2019 - Data fin 04/11/2019 Límite inscrición 31/08/2019 Modalidade on line Prezo 100 - 120 euros Ver programa

Arquitectura sen Fronteiras abre a quinta edición do curso en liña “Hábitat a escala humana: o dereito ao hábitat dende un enfoque de xénero e desenvolvemento sostible”. Son 60 horas lectivas e levarase a cabo do 2 de setembro ao 4 de novembro.

É un curso de especialización en hábitat dende un enfoque de dereitos. Realizarase un achegamento antropolóxico ao término e ás súas dimensións transversais entendendo o xénero como variable fundamental nos procesos de construción de hábitat. Ofreceranse ferramentas consolidadas para a súa xestión e intervención social a través de estratexias participativas.

Neste enlace>>> atoparedes o programa.

As inscricións estarán abertas ata o 31 de agosto. Pódense facer efectivas neste outro enlace>>>