Formación ‘Agentes ODS’

Organiza Taller de Solidaridad Data inicio 28/03/2022 Límite inscrición 30/03/2022 Modalidade Online Prezo de balde Ver programa

Aberto o prazo de inscrición á formación ‘Agentes ODS’ que comeza o día 28 de marzo. A formación, impartida por Taller de Solidaridad , levarase a cabo en liña nun máximo de 30 horas. O curso intercalará formación teórica e práctica e terá un tempo máximo de finalización de dous meses.

Formación 'Agentes ODS'

A formación está dirixida a profesionais e voluntariado de centros e entidades educativas, sociais e deportivas, con inquietude en formarse en valores e realizar obradoiros e actividades para traballalos no marco dos ODS e converterse así nun axente transformador e sensibilizador da sociedade.

Convírtete en Axente dos ODS e contribúe á transformación social fomentando os valores vinculados á xustiza, a cooperación, a igualdade e os Dereitos Humanos. Consulta máis información sobre a formación ‘Agentes ODS’ na páxina web da entidade Taller de Solidaridad.