A I Escola Pacifista do Centre Delàs d’ Estudis per a Pau é unha iniciativa da entidade para ofrecer formación a activistas e público xeral interesado en temáticas de paz, militarismo e desarmamento.
A Escola contará con máis de 20 investigadoras e activistas do Centre Delàs e ten como obxectivo compartir ideario e metodoloxías para a análise do militarismo e o armamentismo desde unha perspectiva de cultura de paz, así como capacitar e empoderar á cidadanía para contribuír a un activismo informado e comprometido pola paz, o desarmamento e a desmilitarización.
Esta actividade contará con tres bloques, de dúas sesións cada un, que abordarán algúns eixos temáticos que o Centro traballa.
Neste enlace>>> atoparedes toda a información.