Diverxentes: espazos de formación antirracista

Organiza SOS Racismo Galicia Data inicio 10/09/2019 - Data fin 14/12/2019 Modalidade Presencial

SOS Racismo Galicia convoca DIVERXENTES, un espazo de formación, debate e construción (algúns, non mixtos) que pretende afondar en temáticas vinculadas á produción de saber e formas de pensamento diversas que alcanzan a todas aquelas persoas que son discriminadas polos seus trazos fenotípicos, procedencia, etnia, cultura ou relixión, ou calquera outra etiqueta que use para a exclusión social destas persoas dunha participación igualitaria na sociedade.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información a medida que se vaian pechando as datas e as actividades concretas.