Discriminación e delitos de odio: detección e intervención

Organiza SOS Racismo Galicia Data inicio 24/10/2019 - Data fin 24/10/2019 Modalidade Presencial Ver programa

Dende as Oficinas de Información e Denuncia de SOS Racismo Galicia consideran que un dos traballos a desenvolver polas persoas profesionais do ámbito social, pasa por recoñecer e denunciar aquelas situacións de vulneración de dereitos nas que nos vemos envoltas no noso traballo cotiá.

Por ese motivo, organizan o 24 de outubro esta formación dirixida a profesionais ou futuros/as profesionais do ámbito social. No curso, facilitaranse unhas pautas que axuden a detectar a vulneración de dereitos na aplicación da igualdade de trato, así como as diferentes ferramentas que temos a noso alcance como profesionais para intervir e/ou denunciar.

A sesión formativa contará cunha duración de 4 horas: tres dedicaranse á parte teórica, na que se  fará unha aproximación a aquelas situacións e conceptos vinculados aos procesos discriminatorios mais comúns e os procesos de intervención; e  unha hora de casos prácticos reais, a partir dos cales se porán en práctica os coñecementos adquiridos.

Para inscricións e máis info, neste enlace>>>