
Diploma de acción humanitaria
Organiza Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria Data inicio 12/09/2022 - Data fin 11/12/2022 Modalidade En liña Ver programa
O Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria organiza o Diploma de acción humanitaria do 12 de setembro ao 11 de decembro.

Esta formación, titorizada por expertas no sector, pretende brindar unha oferta formativa flexible, práctica e actualizada a través da plataforma e formación en liña do Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria.
O intinerario formativo está dirixido a tódalas persoas interesadas en entender as principais claves da acción humanitaria e a xestión de proxectos humanitarios xa sexan profesionais da cooperación, estudantes ou calquera persoa interesada neste ámbito das relacións e a cooperación internacionais.
O Diploma de Acción Humanitaria está composto por dous cursos de 6 semanas de duración cada un e que poden realizarse de xeito independente:
- Introdución á acción humanitaria – do 12/09/2022 ao 23/10/2022
- Xestión de proxectos humanitarios – do 31/10/2022 ao 11/12/2022