Diploma de acción humanitaria (IECAH)

Organiza Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria Data inicio 30/01/2023 - Data fin 30/04/2023 Modalidade En liña Prezo 390 euros (320 euros con beca) Ver programa

IECAH ofrece a formación “Diploma de acción humanitaria”

Este itinerario pretende brindar unha oferta formativa flexible, práctica e actualizada a través da plataforma de formación en liña do Instituto. O diploma está destinado a todas as persoas interesadas en entender as principais claves da acción humanitaria e a xestión de proxectos humanitarios xa sexan profesionais da cooperación, estudantes ou calquera persoa interesada neste ámbito das relacións e a cooperación internacionais.

O Diploma de acción humanitaria está composto por dous cursos de 6 semanas de duración cada un e que poden realizarse de maneira independente:

  • Introdución á acción humanitaria – do 30/01/2023 ao 12/03/2023

Módulo I: Introdución á acción humanitaria.
Módulo II: O marco xurídico da acción humanitaria. Unha axuda baseada en dereitos.
Módulo III: Os actores da acción humanitaria.

  • Xestión de proxectos humanitarios – do 20/03/2023 ao 30/04/2023

Módulo I: Elementos a considerar na formulación e xestión dun proxecto humanitario.
Módulo II: Xestión do ciclo do proxecto: dos primeiros pasos á execución.
Módulo III: Seguimento, avaliación e elementos crave para a calidade do proxecto.

Cada participante poderá seguir de maneira independente as diferentes clases de cada módulo e comprobar os seus coñecementos a través de autoavaliacións. Ademais, contémplanse dúas semanas adicionais ao dispor das e os participantes, unha previa ao curso para familiarizarse coa plataforma e outra posterior para completar traballos pendentes.

Para poñer en práctica os coñecementos adquiridos, cada módulo dispón dun estudo de caso a realizar en grupo ou individualmente; e durante todo o curso, as persoas participantes contarán co apoio personalizado de titores e titoras do IECAH para orientarlles no uso da plataforma, resolver dúbidas e profundar ou ampliar calquera concepto dos tratados no temario.