Decolonialismo e enfoque de xénero

Organiza Asemblea de Cooperación pola Paz Data inicio 10/04/2021 - Data fin 24/04/2021 Límite inscrición 31/03/2021 Modalidade Presencial e online Prezo de balde Ver programa

Asemblea de Cooperación pola Paz organiza a formación ‘Decolonialismo e enfoque de xénero’ xunto a Otra Escuela, unha ONG colombiana que leva 19 anos traballando pola construción de Culturas de Paz en varias rexións de Colombia e noutros países de América Latina. Levarase a cabo do 10 ao 24 de abril en formato semipresencial.

Con esta actividade procúrase fortalecer as capacidades de axentes chave (persoas traballadoras e voluntarias de ONGD, principalmente) dotándoas de ferramentas conceptuais e metodolóxicas para a análise e a intervención no ámbito do desenvolvemento e a cooperación internacional dende un enfoque feminista decolonial de cara a multiplicar as aprendizaxes  adquiridas nos seus espazos de traballo e intervención.

Os principiais obxectivos son:

  • Explorar a teoría e análise crítica que ofrece o feminismo decolonial no ámbito da cooperación internacional e o desenvolvemento a través de exercicios prácticos e vivenciais.
  • Aportar ferramentas conceptuais e prácticas para identificar as potencialidades, riscos e
    dificultades do traballo de intervención dende unha perspectiva de acción decolonial.
  • Xerar estratexias para a revisión, análise e a inclusión do enfoque de xénero dende unha perspectiva crítica nos programas, proxectos e actividades da cooperación.
  • Contribuír á revisión e análise dos sistemas de opresión que articulan e reproducen as
    desigualdades.

Neste enlace>>> atoparedes o programa completo. O prazo para inscribirse remata o 31 de marzo.