Curso virtual | Comunicación y periodismo en las respuestas a las crisis humanitarias (IECAH)

Organiza Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria Data inicio 06/03/2023 - Data fin 26/03/2023 Modalidade En liña Prezo 150 euros (115 euros con beca) Ver programa

IECAH ofrece o curso virtual “Comunicación y periodismo en las respuestas a las crisis humanitarias”

A proliferación de conflitos armados, as consecuencias da pandemia de COVID, o impacto do cambio climático e a crise migratoria e alimentaria global albiscan un escenario humanitario complexo no que a xestión da información e o xornalismo resultan fundamentais á hora de informar, alertar, incidir ou facer fronte ás crises. Ao mesmo tempo, os cambios tecnolóxicos e os novos modos de crear, diseminar e valorar contido traen aparellados grandes oportunidades e desafíos tanto para xornalistas como traballadores humanitarios.

Neste contexto, este curso ofrece unha análise da situación actual da comunicación e xornalismo de crise, esboza tendencias a futuro mentres que prové ferramentas prácticas tanto para os expertos en comunicación dentro de organizacións humanitarias, como para xornalistas que cobren estas cuestións. Trabállase con casos de crises actuais e ponse a énfase na produción de contidos e elaboración de estratexias de comunicación.

 

Contidos:

Clase Introdutoria: A acción humanitaria. Introdución á súa realidade e debates.
Clase 1: Os actores do «sistema humanitario».
Clase 2: Evolución histórica e contexto actual da información humanitaria.
Clase 3: O xornalismo humanitario.
Clase 4: O/a responsable de comunicación en ONG: roles, responsables e produtos.

Para poñer en práctica os coñecementos adquiridos, cada clase dispón dun estudo de caso /exercicio a realizar en grupo ou individualmente; e durante todo o curso, as e os alumnos contarán co apoio personalizado do titor e do equipo de formación do IECAH para orientarlles no uso da plataforma, resolver dúbidas e profundar ou ampliar calquera concepto dos tratados no temario.