Curso Negociación en la acción humanitaria

Organiza Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria (IECAH) Data inicio 16/05/2022 - Data fin 05/06/2022 Modalidade en liña Prezo 150 euros (115 euros con beca) Ver programa

Curso virtual | Negociación en la acción humanitaria

Os proxectos humanitarios lévanse a cabo en contextos cambiantes e potencialmente peligrosos nos cales os instrumentos para negociar con outros actores cobraron unha importancia fundamental para xestionar os riscos e garantir a axuda. O propio termo “negociación humanitaria” popularizouse e xeralizouse o seu uso moi recentemente. O curso facilitará ás persoas participantes unha maior compresión do marco de traballo e as bases necesarias para a negociación cos instrumentos legais dispoñibles.

Contidos:

  • Clase 1: A negociación no ámbito humanitario: garantir o acceso.
  • Clase 2: Bases xurídicas da negociación no ámbito humanitario.
  • Clase 3: Modelos de negociación e aspectos éticos da negociación.
  • Clase 4: A diplomacia humanitaria.
  • Clase 5: Experiencias e boas prácticas de negociación humanitaria en diversos contextos culturais e xeográficos.

Metodoloxía:

Cada participante poderá seguir de xeito independente as diferentes clases de cada módulo. Ademais, contémplanse dúas semanas adicionais a disposición das e dos participantes, unha previa ao curso para familiarizarse coa plataforma e outra posterior para descargar documetción, complementar aportacións e recuperar algún dos módulos do curso, no caso de ser necesario. Para poñer en práctica os coñecementos adquiridos, cada semana dispón dun estudo de caso a realizar en grupo ou individualmente; e durante todo o curso, as e os participantes contarán co apoio persoanlizado de titores e titoras do IECAH para orientalos no uso da plataforma, resolver dúbidas e afondar ou ampliar calquer concepto dos tratados no temario.

Consulta o programa completo aquí.

 

Matrícula, bonificacións e becas:

Prezo: 150 euros (115 euros con beca)*

*Dispoñibles becas para estudantes e persoas en desemprego. Accede ao enlace da formación apra máis información no apartado “reservar praza”.

Todas as formacións online son bonificables a través da FUNDAE, contacta co teuresponsable de RRHH para xestionar a túa matrícula con nós! Tamén é posible, se a túa organización quere matricular a 3 ou máis persoas, acceder a un prezo reducido. 

Para calquera dúbida adicional: cursos@iecah.org

Para máis información e inscricións: consulta aquí.