
Curso Identificación y valoración de necesidades humanitarias
Curso virtual | Identificación y valoración de necesidades humanitarias
3 semanas | 36 horas
Nos últimos anos multiplicáronse as ferramentas metodolóxicas e tecnolóxicas para axudar á identificación de necesidades tralas emerxencias e as crises humanitarias. Só un bo diagnóstico garante unha resposta adecuada. Este curso pretende afondar neses avances, ofertando unha panorámica das boas prácticas na materia e das tendencias existentes nos organismos humanitarios e de desenvolvemento. Así mesmo, darase especial importancia a enfoques innovadores como a metodoloxía proposta por ACAPS.
Contidos:
- Clase introdutoria: consensuar unha definición da Acción Humanitaria.
- Clase 1: A importancia da identificación de necesidades na acción humanitaria. Concepto de evaluación rápida e metodoloxías. Niveis de afectación e resposta.
- Clase 2: Tipos de equipos dacordo coa súa conformación e tipos de avaliación dacordo coa duración.
- Clase 3: A preparación dunha misión. Loxística da misión: Autonomía, seguridade e benestar do equipo evaluador.
- Clase 4: Métodos de recolección de información. Técnicas cualitativas e cuantitativas. Sesgos da recolección de información.
- Clase 5: A análise de datos e a preparación do informe.
- Clase 6: O uso das TIC na avaliación rápida de necesidades humanitarias.
Cada participante poderá seguir de xeito independente as diferentes clases de cada módulo. Ademais, contémplanse dúas semanas adicionais a disposición das e dos participantes, unha previa ao curso para familiarizarse coaplataforma e outra posterior para completar traballos pendentes.
Para poñer en práctica os coñecementos adquiridos, cada clase dispón dun estudo de caso/exercicio a realizar en grupo ou individualmente; e durante todo o curso, as e os alumnos contarán co apio personalizado da titorae do equipo de formación do IECAH para orientalos no uso da plataforma, resolver dúbidas e afondar ou ampliar calquera concepto dos tratados no temario.
Consulta o programa completo aquí.
Matrícula, bonificacións e becas:
Prezo: 150 euros (115 euros con beca)*
*Dispoñibles becas para estudantes e persoas en desemprego. Accede ao enlace da formación apra máis información no apartado “reservar praza”.
Todas as formacións online son bonificables a través da FUNDAE, contacta co teuresponsable de RRHH para xestionar a túa matrícula con nós! Tamén é posible, se a túa organización quere matricular a 3 ou máis persoas, acceder a un prezo reducido.
Para calquera dúbida adicional: cursos@iecah.org
Para máis información e inscricións: consulta aquí.