Curso Gestión y reducción de riesgo de desastres

Organiza Instituto de Estudios sobre Conflictos y Acción Humanitaria (IECAH) Data inicio 23/05/2022 - Data fin 12/06/2022 Modalidade en liña Prezo 150 euros (115 euros con beca) Ver programa

Curso virtual | Gestión y reducción de riesgo de desastres

3 semanas | 36 horas

Nos últimos anos avanzouse na concepción do risco de desastres e, fronte a concepcións asistencialistas tradicionais, asentouse o concepto de Redución do Risco de Desastres (RRD) como eixo fundamental do traballo de desenvolvemento e humanitario fronte a estas situacións. Estando xa en marcha os marcos de acción de Sendai (post-Hyogo) e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) esta cuestión cobra aínda maior importancia. O curso trata de dar un enfoque global e práctico á reducción do risco de desastres, baseándose na experiencia de organismos internacionais, do mundo académico e de numerosas ONG. Así mesmo, presenta a evolución da concepción dos desastres e un modelo en varios pasos para levar á práctica este necesario compoñente da cooperación ao desenvolvemento e da acción humanitaria.

 

Contidos:

  • Clase introductoria: consensuar unha definición da Acción Humanitaria.
  • Clase 1: Contexto internacional e conceptos clave en materia de desastres.
  • Clase 2: Evolución da concepción do risco e os desastres. Coñecendo a GRD.
  • Clase 3: Marco institucional e normativo. Marco de acción de Sendai e outros instrumentos.
  • Clase 4: Planificación e xestión do risco na práctica I: Elementos clave e transversaris da GRD. Ferramentas básicas para a xestión local do risco. Incorporación do enfoque de xénero e diferencial á GRD.
  • Clase 5: Planificación e xestión do risco na práctica II: A análise do risco. Análise de vulnerabilidades e capacidades (AVC).
  • Clase 6: Planificación e xestión do risco na práctica III: Implementación de medidas de xestión de riscos a nivel comunitario: Sistemas de alerta temprana, planes de continxencia.

Para poñer en práctica os coñecementos adquiridos, cada clase dispón dun estudo de caso/exercicio a realizar en grupo ou individualmente; e durante todo o curso, as e os alumnos contarán co apoio personalizado do titor e do equipo de formació do IECAH para orientalos no uso da plataforma, resolver dúbidas e afondar ou ampliar calquer concepto dos tratados no temario.

Consulta o programa completo aquí.

 

Matrícula, bonificacións e becas:

Prezo: 150 euros (115 euros con beca)*

*Dispoñibles becas para estudantes e persoas en desemprego. Accede ao enlace da formación apra máis información no apartado “reservar praza”.

Todas as formacións online son bonificables a través da FUNDAE, contacta co teuresponsable de RRHH para xestionar a túa matrícula con nós! Tamén é posible, se a túa organización quere matricular a 3 ou máis persoas, acceder a un prezo reducido. 

Para calquera dúbida adicional: cursos@iecah.org

Para máis información e inscricións: consulta aquí.