Curso de verán “A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e os dereitos humanos”

Organiza Mans Unidas Data inicio 11/06/2019 - Data fin 13/06/2019 Límite inscrición 31/05/2019 Modalidade Presencial Prezo 70 - 120 euros Ver programa

Mans Unidas organiza o curso de verán da USC “A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e os dereitos humanos: oportunidades e desafíos para a erradicación da fame e o logro da igualdade de xénero”. Será os días 11, 12 e 13 de xuño na Facultade de Ciencias Políticas da USC.

O obxectivo principal do curso é reflexionar sobre a Axenda 2030 e os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, con especial atención ao “enfoque baseado nos dereitos humanos”.

Neste marco examinarase o papel que xoga a cooperación internacional para o desenvolvemento na consecución dos devanditos obxectivos. O curso conxugará unha perspectiva teórica e práctica.

Neste enlace>>> atoparedes o programa. E neste outro>>> o enlace de inscrición.