Curso de Mestría en Compostaxe

Organiza Amigos da Terra Modalidade Presencial Prezo de balde Ver programa

Amigos da Terra leva anos demostrando que a compostaxe é unha das ferramentas máis importantes para camiñar cara o residuo cero. Os estudos indican que o emprego neste sector incrementarase de xeito importante nos vindeiros anos debido, por un lado, a que hai que dar cumprimento á normativa en materia de residuos e, por outro, a que é un área na que está case todo por facer.

Os cursos están destinados a persoas desempregadas, as prazas son limitadas polo que se fará selección previa. Terán unha duración de 50 horas presenciais nas que se abordará o ciclo completo da xestión da fracción orgánica dos residuos, deste xeito o persoal técnico formado poderán realizar tarefas como:

  • Posta en marcha e asesoría a participantes en programas de compostaxe doméstico.
  • Actividades de promoción da compostaxe incluíndo campañas educativas para todo tipo de público.
  • Mantemento e xestión de agro-compostaxe.
  • Mantemento e xestión de centros de compostaxe comunitario.
  • Labores auxiliares en plantas de compostaxe industrial e agrícola.

Ao rematar os cursos as persoas participantes que superen as probas recibirán asesoramento e acompañamento na busca de emprego para facilitar a súa inserción de acordo coa súa nova formación. Realizarase unha busca de ofertas laborais e contactarase con as entidades (empresas, administracións e asociacións) que teñan en marcha proxectos nos que poidan desenvolver a súa labor profesional.

Se tes interese en participar podes mandar un correo a residuos@amigosdaterra.net indicando os teus datos de contacto e a provincia na que che interesaría participar e manterémoste informado. Para máis información>>>