Curso de formación específica de posgrao en Cooperación e Educación para o Desenvolvemento

Organiza Universidade da Coruña Data inicio 04/10/2018 - Data fin 30/11/2018 Límite inscrición 28/09/2018 Modalidade Presencial Prezo 50 euros Ver programa

A  Fundación Universidade da Coruña e a Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) organizan un posgrao destinado a profesionais e estudantado que queira coñecer e aprender o traballo de cooperación ao desenvolvemento, axuda humanitaraia e educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.

O curso terá lugar entre o 4 de outubro e o 30 de novembro na Universidade da Coruña os xoves e os venres de 16 a 20:30 horas. O prezo do curso son 50 euros.

Neste enlace>>> podedes acceder a toda a información e consultar o programa.
As datas para a preinscrición son do 1 ao 20 de setembro e, de matrícula, do 25 ao 28 de setembro.