Curso de formación básica en voluntariado

Organiza Oficina de Cooperación e Voluntariado da UdC Data inicio 22/02/2019 - Data fin 23/02/2019 Límite inscrición 19/02/2019 Modalidade Presencial Prezo de balde / 15 euros Ver programa

A Oficina de Cooperación e Voluntariado da UdC organiza o Curso Básico de Formación en Voluntariado. A formación está especialmente dirixida ao voluntariado de nova incorporación aos proxectos da OCV. A oferta amplíases ao voluntariado acreditado e en activo doutras entidades de acción voluntaria, estudantado da universidade e persoas interesadas en coñecer os aspectos esenciais do voluntariado.

Levarase a cabo os días 22 e 23 de febreiro de 9:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas noEdificio de Apoio ao Estudo.

As prazas son limitadas e é precisa a inscrición>>> 

A formación é de balde para o voluntariado e custa 15 euros para o resto.

Para máis información>>>