Curso básico de formación en voluntariado

Organiza Oficina de Cooperación e Voluntariado da UdC Data inicio 26/10/2018 - Data fin 27/10/2018 Límite inscrición 22/10/2018 Modalidade presencial Prezo de balde / 15 euros Ver programa

A Oficina de Cooperación e Voluntariado (OCV) da Universidade da Coruña organiza un curso básico de formación en voluntariado os días 26 e 27 de outubro. A formación está especialmente dirixida ao voluntariado de nova incorporación na OCV e, tamén, ao voluntariado doutras entidades, estudantado e público en xeral.

Consta de 8 módulos de dúas horas cada un, no que se tratan cuestións esenciais para iniciarse no eido da participación neste ámbito, cunha metodoloxía de traballo que inclúe dinámicas, vídeos, xogo de roles, etc. Tamén está aberto ao voluntariado doutras entidades, estudantado e público en xeral.

O curso é de balde para o voluntariado en activo e acreditado e, de 15 euros, para o resto. As prazas son limitadas. Neste enlace>>> atoparedes toda a información.