Cooperación para o desenvolvemento, medio ambiente e saúde

Organiza La Casa Encendida Data inicio 24/05/2021 - Data fin 27/05/2021 Límite inscrición 23/05/2021 Modalidade online Prezo 30 € Ver programa

La Casa Encendida de la Fundación Montemadrid organiza o curso online “Cooperación para o desenvolvemento, medio ambiente e saúde” do 23 ao 27 de maio (12 horas en total).

O medio ambiente, de cuxa saúde depende a saúde das sociedades humanas, converteuse nunha prioridade tanto horizontal como sectorial das políticas de cooperación para o desenvolvemento.

Cunha parte teórica e unha parte práctica, neste curso darase a coñecer cal foi e é nestes momentos a resposta do sistema de cooperación internacional en relación aos problemas ambientais en xeral, e aos que teñen máis vínculos coa saúde en particular

Tamén aproximarase a algúns actores relevantes (Fondo para o Medio Ambiente Mundial, Fondo Verde para o Clima, Unión Europea e Cooperación Española, entre outros).

Adquirirase unha visión de conxunto sobre conceptos como medio ambiente, problemas ambientais, saúde planetaria, saúde, cambio global, cambio climático e os seus vínculos coa saúde e o desenvolvemento das sociedades humanas.

Neste enlace>>> atoparedes toda a información.